Un ano máis, Viveiro forma parte das etapas da III Travesía Navega el Camino, unha peregrinaxe na que un máximo de trinta embarcarcións percorren o Camiño do Mar, dende Hondarribia a Santiago de Compostela, ao longo de once xornadas a vela e unha a pé.

A flota chegará a Viveiro o sábado 21 de xullo, entre as 19:00 e 22:00 horas, despois de percorrer a etapa Cudillero-Viveiro.

O domingo 22 de xullo permanecerán no noso municipio para disfrutar dunha xornada dedicada ao descanso, o turismo e a gastronomía; neste senso, organizáronse unha serie de actividades co fin de mostrar aos 80 participantes parte dos nosos recursos e facer que a súa estancia entre nós sexa o máis agradable posible.

Más info en Crónica 3

Pin It on Pinterest

Share This